
Programación propia:
- Mañanciñas de Radio Ordes. Magazine de actualidade do concello e da comarca. De luns a venres de 9 a 12h.
- Informativo Radio Ordes. De luns a venres ás 14:30 e ás 22:30h.
- Son do chafarís. Todo sobre a cultura galega. Venres de 20 a 22h. Sábados de 12 a 14h (Rep).
- La boite 16. Programa remember de música electrónica. Tódolos sabados de 00:00 a 1h.
- Bucle. Espazo que ofrece toda a música de vangarda de libre descarga na rede. Sábado de 18 a 19h. Domingo de 22 a 23h (Rep).
- Sinfónicos. As principais obras dos nomes maís importantes da historia da música clásica acaparan a atención en Radio Ordes. Domingo de 23 a 00:00h.
- Frecuencia de Baile. Programa de música e cultura electrónica. Sábado de 19 a 21h.Venres de 1 a 3:00h (Rep).
- Música sen pausa.Bloque musical cos principais éxitos pop e rock do panorama nacional e internacional.
- En clave galega. Kastomä, Dios ke te crew, O Chícharo Psicótico, Capitán Furilo, Leite de nai, Som do galpón, Fanny e Alessander, Ataque escampe., Machina... toda a música producida no país. Sábado de 14 a14:30h.
- Ordes dance. As mellores composicións electrónicas que enchen as principais pistas de baile de todo o mundo. Sábado de 3 a 8h. Domingos de 23:00 a 8h.
- Plenos. O último martes de cada mes Radio Ordes retransmite en directo os plenos municipais dende a Casa do Concello.
- Charlas e debates. Charlas sobre diversos temas organizadas polas distintas concellerías. Debates organizados dende Radio Ordes onde se aborda a actualidade do concello.
- Viva a banda. Todos os domingos presentámoslles as bandas de música máis populares de toda Galicia
- Entre lusco e fusco. Espazo no que cada sábado Miguel Lueiro realiza un percorrido polas rutas de diversos sons. Camiños que van dende o indie á música electrónica, facendo escala nos puntos intermedios.
- Tócalle a palleta. Programa musical que ofrece unha selección actual de temas folk compostos e interpretados, na súa maioría, por artistas e grupos galegos.
Outros programas:
- Efecto Dinamo.Unha efectiva ferramenta coa que combatir o cambio climático e degradación ambiental. Un proxecto no que participamos máis de 300 emisoras espalladas por toda Europa. Venres e domingo ás 22 e 16 horas respectivamente.
- Más espectáculo. Espazo que da conta das principais novidades do mundo das artes escénicas. Venres de 23 a 00:00h
- O campo da festa. Festa e ambente de verbena é o que se pode vivir sintonizando o 107.3 FM nas mañás dos venres ás 12:30h.




