Radio Ordes

A través de Radio Ordes os veciños poden volver a escoitar en diferido as charlas e ponencias organizadas polas distintas concellerías. Unha vez ó mes tamén se realiza, nos nosos estudios, un debate no que se abordan distintos temas que atañen a realidade social, política ou económica do concello. Para elo abrímoslle os micrófonos ós distintos representantes e persoas implicadas.
 

Agradecementos

Dende Radio Ordes queremos darlle as grazas a tódolos veciños que fan posible esta radio estando día a día a carón dos seus transistores. Grazas tamén o noso equipo e goberno por traballar connosco na procura dun servicio útil e de calidade para tódolos veciños, tanto do concello como da comarca.