O Concello de Ordes constitúese en sede do novo plan formativo da rede Xiana da Deputación da Coruña
Un total de 234 persoas participan no novo obradoiro de empregabilidade que se desenvolve na casa da Cultura.
Ordes 09 xaneiro 2012. Dende hoxe e ata o finais do próximo mes de abril o Concello de Ordes será a sede dun novo plan formativo levado a cabo pola Rede Xiana da Deputación da Coruña. Un novidoso obradoio de empregabilidade que inclúe sesións de traballo grupais e individuais, concretamente están previstas un mínimo de 20 sesións de información, formación e orientación grupal, cunha duración de cinco horas e media. Dito bloque concluirá o vindeiro 3 de febreiro para dar paso a outras 35 sesións de traballo e titorizacións individual ate ao 20 de abril.
O número total de beneficiarios ascende a 234, espallados nos itinerarios de formación desenvolvidos nos proxectos dos anos 2009-10. As áreas de traballo sobre as que se traballarán serán a exclusión socio-laboral e a empregabilidade, incidindo no emprego como un dos principais factores para acadar un grado de inclusión satisfactorio. As multinacionais, as novas tecnoloxías, os condicionantes culturais e a globalización da economía como factores estructurais contemporáneos. A integración en redes sociais e a igualdade de oportunidades frente os recursos como factores psicosociais destacados. Os distintos tipos de competencias e contextos como factores articuladores da empregabilidade, así como a nova concepción do traballo en base a unha nova organización empregadora ou o autoemprego.
Para combatir os desequilibrios entre zonas rurais y urbáns da provincia, tanto en materia de empleo como en servicios básicos de atención a persoas dependientes, a Diputación de A Coruña pon en marcha esta nova iniciativa dentro do marco da convocatoria 2007 de Axudas de FSE durante o periodo de intervención 2007-2013 a través del Ministerio de Administraciones Públicas
Obxetivos da Rede Xiana
O proxecto Rede Xiana (Rede para a Xestión Integral, Accesibilidade , Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no marco laboral galego) enmárcase na Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Social Europeo para o período de intervención 2007-2013. Está xestionadas a través do Ministerio de Política Territorial e oriéntase de cara a proxectos que fomenten pactos, redes, asociacións e apoio ás inicitivas locais para o emprego e a inclusión social. Nesta ocasión a Deputación de a Coruña conta tamén coa total colaboración do Concello de Ordes para poder desenvolver esta nova acción formativa.
O obxectivo principal desta iniciativa consiste na posta en marcha de un programa de fomento do emprego na provincia da Coruña, para municipios de menos de 50.000 habitantes. Está especialmente orientado a persoas que se atopan na procura dun primeiro emprego ou que están inactivas a consecuencia do abandono do traballo polo coidado dalgún fillo. Como principal obxetivo figura dotar a todos eles dunha perspectiva de estabilidade a partir de empregos con futuro ubicados nos novos ocos de emprego.
O proxecto foi aprobado pola Secretaría de Estado de Cooperación Territorial do Ministerio de Política Territorial con data 14/05/2005, iniciándose a súa execución o 16/06/2008 e con un periodo de execución de 36 meses. Un prazo que foi ampliado ata marzo deste ano, polo que actualmente está en execución a última fase do proxecto.
